InicioSUCESOSAchan os restos dunha bala na casa do veciño de Culleredo desaparecido

Achan os restos dunha bala na casa do veciño de Culleredo desaparecido

Publicada o

Por europapress

A Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses en relación á desaparición dun veciño de Culleredo, en cuxa casa atoparon restos de sangue e tamén un “casquillo” de bala, segundo apuntaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que precisaron que o home era “afeccionado ás armas”.

Trátase dun home de 50 anos que falta do seu domicilio na zona de Orro desde o pasado venres. Foron os seus familiares quen denunciaron a súa desaparición.

Ao lugar, desprazáronse axentes da Garda Civil que acharon restos de sangue nalgunhas zonas da vivenda e o que podería ser un intento de limpar os mesmos.

Mentres, apuntaron que o coche do home o tiña un amigo, ao que se tomou declaración, e engadiron que agora se está facendo a correspondente inspección. A procura do home mantense igual que unha investigación a cargo do equipo de Policía Xudicial da Coruña.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Inés Rey acusa a Feijóo de actitude “mezquina” con Sánchez: “As súas declaracións foron infames”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo,...